Sobre min...
Narradora, poeta, traductora, Marilar Aleixandre usa o galego como lingua literaria e afirma que ten a lingua partida, pero que non todos os bichos con lingua bífida son perversos. En canto aos libros, di que no fondo son mensaxes escritas con tinta, chuspe ou sangue que guindamos ao baleiro coa esperanza de que alguén os reciba. Afeccionada a recoller palabras descarreiradas, gárdaas entre as liñas de relatos ou poemas. Desde 2017 na Real Academia Galega, cun discurso sobre Voces termando da paisaxe galega.
Vive en Santiago de Compostela onde escribe e investiga na argumentación e Didáctica da bioloxía. Algúns temas recorrentes nos seus libros son as traizóns, sobre todo as traizóns a un mesmo, a unha mesma e as tortuosas relacións familiares.
Xohana Torres: A que arriscou
A que non se arrisca, nunca descubrirá o que sería capaz de facer (Discurso de…
ler máisMulleres encabezando listas: non era sen tempo
Seis mulleres comprometidas co feminismo encabezan candidaturas para as eleccións xerais na provincia de Pontevedra:…
ler máis